O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 10 de setembro de 2014

Compañeiro Abel Cabaleiro, que che pasa coa cruz?

Acto fascista coa igrexa catolica
 
Traducción Estación Atlántica
Estimado alcalde socialista de Vigo por que non destrúes ese recordo do horror? non che dás conta o que doe a túa actitude a unha minoría esmagada polos nosos adversarios?
 
El Plural.com 9/9/14
Oe, Abel Caballero, alcalde de Vigo por que non che parece ben que se destrúa unha cruz que recorda tanto dor de xentes republicanas? Que che pasa coa cruz, compañeiro Abel Caballero? Escoiteiche en todos os medios de comunicación nos que declaraches a túa teoría de que non hai que quitar unha cruz de tempos de horror. De tempos de horror dos teus maiores. E non me convenciches. Digo máis, déchesme un pouco de pena. De verdade es militante do Partido Socialista Obreiro Español? Recórdoche de Ministro, véxoche de Alcalde, pero non che vexo como compañeiro.

O compañeiro socialista Abel Caballeiro decidiu que estás disposto a debater nos Tribunais a conveniencia de quitar unha cruz construída en homenaxe aos fascistas de fai uns tráxicos anos.

De verdade, é que non mo creo.

O Alcalde de Vigo gañou as eleccións nas listas socialistas? Pois ,si, aí estivo Abel Caballero.
¡Ai! Abel Caballero que querías facer gañando as eleccións en Vigo? ¡Ai! Abel Caballero crees que todo o que estás facendo agora é resultado da túa conciencia socialista?

Non, compañeiro, Abel Caballero, algún cable ideolóxico se te cruzou e empezaches disparatar.

Ollo, digo que empezaches disparatar en términos socialistas. Si falamos en términos conservadores ou católicos, non digo nada. Iso mo rebates ti, seguro.

Unha cruz que recorda a dor da represión franquista non é unha cruz neutral. Para tí, Abel Caballero, todas as cruces son neutrales, pero non é verdade. Hai cruces duns bandos e unhas cruces doutros.

Abel Cabaleiro aceptas esta teoría das cruces ou non?

Estimado alcalde socialista de Vigo por que non destrúes ese recordo do horror e decides onde ofertas aos cidadáns de Vigo outra cruz noutra praza?

Non me encanta que o meu compañeiro Abel Caballero ande construíndo cruces, pero acéptoo xa mesmo si destrúe primeiro a que ofende a moitos cidadáns de Vigo que foron derrotados en unha sublevación fascista.

Compañeiro Abel Caballero: non che dás conta o que doe a túa actitude a unha minoría esmagada polos nosos adversarios?

Abel Cabaleiro es socialista?

Luís Solana é militante socialista e promotor de Nuevas Tecnologías. En 1959 foi encarcelado en Carabanchel por pertencer á Agrupación Socialista Universitaria. A ditadura franquista condenoulle a tres anos de prisión por rebelión. Cumpriu dous, o primeiro en Carabanchel e o segundo en Murcia.

Nenhum comentário:

Postar um comentário