O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 21 de setembro de 2014

#AbelFascistaOuSocialista: As redes sociais ferven contra o mantemento da Cruz do Castro

 
A decisión de recorrer a sentenza que obriga a derrubar o monumento fascista suscita unha polémica que vai alén da cidade. A intervención televisiva nunha canle estatal de Abel Caballero defendendo o mantemento da "cruz" recebe numerosas críticas.
 
Redacción | @VigoDixital  |  09 de Septembro de 2014
O anuncio do Alcalde de que o Concello de Vigo presentará recurso contra a sentenza, emitida polo xulgado número 2 da cidade, que lle obrigaba a derrubar a cruz fascista do Castro, desatou unha polémica que trascendeu, e moito, o ámbito municipal.

Así o visa a criticada intervención televisiva de Abel Caballero no programa Más Vale Tarde de La Sexta, nunha emisión estatal, na que o primeiro edil fuxiu en todo momento de respostar a pregunta de se o monumento era ou non un símbolo franquista. "É unha cruz, unha cruz" repetía sen cesar, mentra reiteraba unha e outra vez, presa dun patente nerviosismo, o seu compromiso coa memoria histórica exemplificando na retirada de símbolos fascistas nalgúns edificios, na homenaxe que se realizan o 27 de agosto aos alcaldes fusilados polo golpe militar do 36 e no feito de que o Concello teña dedicado varias rúas a vítimas da Guerra Civil e da posterior ditadura nacional-católica.

Semella que a opinión pública vé, ao igual que sinala a sentenza, moito máis que unha cruz. As redes sociais ferveron en reaccións a posición adoptada polo alcalde socialista. A inmensa maioría das opinións amosábanse moi críticas co recurso. A crítica chegou até o extremo de facer circular un hashtag (etiqueta) en Twitter que rezaba: #AbelSocialistaOuFascista. En troca, escasísimas mensaxes de apoio, sen contarmos a celebración do recurso por parte dos sectores de ultradereita que logo de se coñecer o fallo xudicial iniciaran decontado unha recollida de sinaturas pedindo precisamente que o Alcalde recorrese a decisión.

Esta é unha escolma das moitas mensaxes publicadas na rede social twitter ao respecto. Unha mostra que ilustra o malestar social, en Vigo e extramuros da cidade, suscitado pola teimosa defensa por parte do Goberno municipal dun monumento erguido para exaltar o fascismo.




 

Nenhum comentário:

Postar um comentário