O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 9 de setembro de 2014

EU pide a Abel Caballero que “deixe de facer o ridiculo” buscando excusas para a súa defensa populista da Cruz do Castro

 
Noticias Vigo 9/9/14
O coordinador local de EU, Rubén Pérez, remite unha carta ao obispo da diócese de Tui-Vigo pedíndolle que, como ten pasado noutras dióceses, se pronuncie a favor de erradicar a simboloxía fascista que empregou a cruz cristiá de xeito manipulador.
 
O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que as declaracións do alcalde tralo anuncio de recurrir a sentencia do castro van na liña do “pacovazquismo máis patético” e pregúntase se “Caballero vai pedir tamén sen embaixador no Vaticano”.
 
Na misiva de EU sinálae que “non entendemos como dende o Concello de Vigo, fronte a unha sentencia clara e concisa (que adxuntamos para o seu coñecemento),  formule un recurso contra a retirada da chamada Cruz do Castro, inagurada polo dictador Francisco Franco en 1961 en homenaxe aos caídos no bando nacional durante a contenda. E non o entendemos porque coincidimos con moitos e moitas católicos que non entenderían o outorgamento de “símbolo relixioso” a un evidente alegato a favor da eliminación fisica do opositor político e da manipulación por parte do fascismo do lexítimo dereito á crenza relixiosa”.
 
ESQUERDA UNIDA solicitalle ao bispo que: “faga valer a autoridade que a súa figura otorga para que o Concello retire o recurso, asuma a retirada da Cruz do Castro e evite que se abra un conflicto sobre a, para nós e para a propia sentencia, inexistente simbolixia cristiá do conxunto monumental”.
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário